2/2/11

-¿Non lle dá apuro vivir aquí despois do que pasou?

-Algo si.

-¿Esperaba a absolución? ¿Esperaba que isto acabase así?

-Si.

-¿Por que? ¿Estaba tranquilo? Tiña claro que...

-Tranquilo, si.

-¿Que lle parece que pasou aquí, entón? [O día en que se cometeu o crime e
en vista de que el sempre dixo non saber quen matara á vítima]

-É que eu mateina. Tróuxena a casa... e despois mateina.

-¿Que a matou vostede?

-Si, si.

-Pero... iso non foi o que dixo o xurado ao final.

-¿Como o que dixo ao final?

-Vostede ao final quedou absolto por iso. O xurado dixo que non había probas de que fixese iso que di.

-Claro que non hai probas, pero facer fíxeno.

-¿E por que o fixo?

-...

-¿Coñecíaa de hai tempo?

-Polo menos hai quince anos.

-¿E que pasou, por que o fixo? ¿Discutiu con ela? ¿Ela díxolle algo?

-Non, non. Non discutín con ela. O que pasou non o sei.

-¿Recorda ben ese día?

-Acordo, acordo. Si, si.

-¿E pódeme contar como foi? O que poida, ata onde poida.

-Eu contar podo contar todo. Pois tróuxena, fixen o amor con ela e despois leveina á corte. Díxenlle que lle ía dar augardente... e mateina.

-E despois marchou e listo.

-Marchei no meu coche para Pontevedra. Antes de chegar a Pontevedra hóubenme esfarrapar.

-Tivo un accidente.

-Si.

-O que pasa é que á Garda Civil e ao xulgado sempre lles dixo que non, que vostede non fora. ¿Non?

-Non, non... Díxenlles que fora.

-¿Díxolles que fora vostede?

-Si, eu dixen que fora. Home, eu sei que fun, ¿non?

-Pero no xuízo, desde logo, non dixo que fora vostede, ¿non?

-Ah, non. E ninguén mo preguntou tampouco.

-¿E que ten pensado facer agora? ¿Seguir coa súa vida?

-Si.

Carnero asegura que aquel día no había bebido alcohol ni había dejado la medicación psiquiátrica que a día de hoy aún toma.

-¿Vostede bebera?

-Non, non, que eu non bebo alcohol. Non podo, que ando tomando unhas pastillas e...

-¿E como lle deu por aí?

-A cabeza...

-¿E ten pensado poñerse en contacto coa familia dela para pedirlles perdón directamente?

-Eu que sei... Non o sei.

-Dicía que lle ofreceu augardente e que lle dixo que baixase... ¿E foi na corte?

-Así é.

-Pero xa ía pensando que a ía matar ou...

-Non, non.

-¿Ela non lle dixo nada?

-Nada. Eu díxenlle «voute matar». Díxenlle: «me cago en d..., agora voute matar».

-¿E ela que lle dixo?

-Nada, calou. E despois debinlle dar cun ferro, ou algo.

-E por diante, así como estamos falando vostede e mais eu.

-Si, si, si.

-¿Tiña pensado volver a casa?

-Si, si, si.

-Pero ía estar morta ela aí.

-Ah, pois tería que ir onde a Garda Civil.

-A entregarse.

-A entregarme.

-Ou avisar que había unha persoa morta na súa casa.

-Si, si.

-¿Está arrepentido?

-Si, si. Ademais era unha rapaza que coñecía de hai tempo, era unha boa rapaza.

-¿Pensa que non lle vai pasar nunca máis unha cousa así?

-Penso que non.

-¿Coñece á familia de Pilar Palacios?

-Non.

-¿E que lles diría?

-Pois que me perdoen. Non o fixen querendo, o que pasa é que eu estaba algo mal da cabeza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario